Comeza unha nova compaña de visitas guiadas á cova do Rei Cintolo

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo pon en marcha a campaña de visitas guiadas á cova do Rei Cintolo do ano 2023 coa Federación Galega de Espeleoloxía
1 mar 2024

O Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, pon novamente en marcha a campaña de visitas guiadas á cova do Rei Cintolo na campaña 2024.

No presente ano as visitas comezan o día 1 de marzo, sendo visitas de fin de semana: venres, sábados e domingos, ofrecendo un grupo pola mañá ás 11.00 horas e outro pola tarde ás 16.00 horas. Ampliándose esta oferta durante a Semana Santa, na que se ofrecen visitas todos os días.

A partir do mes de abril as visitas serán en fins de semana e festivos ata o verán, no que xa serán todos os días da semana e engadirase un grupo máis na oferta, o das 18.30 horas.

As visitas turísticas lévanse a cabo na Galería Central da cova sobre un percorrido de 300 metros que supón unha visita dentro da cavidade de 1 horas e 15 minutos aproximadamente.

Pídese, para poder facer as mesmas, unha forma física normal, isto é, non ter problemas de mobilidade, lesións ou problemas cardiorespiratorios. Tamén é preciso facer reserva previa na Oficina de Turismo de Mondoñedo, a través do número 982 507 177, ou a través do seu e-mail turismo@concellomondonedo.es

É obrigado traer calzado cerrado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar así como unha muda para despois da visita.

Dende o Concello proporcionarase casco con iluminación, luvas de protección e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como os complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos.

A idade mínima para entrar na cavidade é a partir dos 11 anos e o prezo da visita é de 20 euros por persoa.

No presente ano, tras a boa acollida dos anos anteriores, continúa aumentado a oferta da segunda modalidade de visitas á Cova, a Visita á Zona do Río. Un percorrido máis longo e complexo destinado a persoas cun nivel físico superior. Neste caso as primeiras oportunidades serán durante a Semana Santa, nos finais de marzo e continuarán ao longo do ano con ofertas todos os meses a partir do día 1 de maio e ata o final da campaña.

Para esta modalidade de visita tamén é preciso facer reserva previa co Oficina de Turismo e o custo, para este percorrido espeleolóxico de maior duración e dificultade, é de 40 euros por persoa.