Cervo acolle unha charla sobre alimentación saudable no Día Mundial Contra o Cancro

AMariñaXa
Ademais, tras a conferencia, as persoas asistentes terán a oportunidade de gozar dunha degustación saudable
cervo-2025-charla-nutrición-cancro
2 Feb 2025

O vindeiro martes, 4 de febreiro, con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, o Concello de Cervo en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar organiza unha charla sobre vida saudable e alimentación. O evento, que leva por título "A alimentación como factor protector fronte ao cancro", será impartido pola nutricionista Cristina Rodil.

A charla celebrarase ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar. Ademais, tras a conferencia, as persoas asistentes terán a oportunidade de gozar dunha degustación saudable.

Dende o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a participar neste evento, xa que unha dieta equilibrada pode influír significativamente no risco de padecer cancro, na resposta ao tratamento e na calidade de vida durante e despois da enfermidade.

Unha oportunidade para informarse e adoptar hábitos saudables que poden marcar a diferenza na prevención desta doenza.

0.16555595397949