Cervo organizará un novo encontro de Arruguiñas Charlando centrado no benestar emocional

AMariñaXa
A coach Susana Vázquez ofrecerá este sábado na Casa do Mar un faladoiro sobre a xestión do ánimo, a relaxación e a importancia de coidar a saúde mental no día a día
ARTEIXO saúde mental
14 May 2026

O Concello de Cervo celebra este venres, 17 de abril, unha nova edición do Guateque de Arruguiñas, unha actividade dirixida a ofrecer unha xornada de lecer e convivencia veciñal.

A cita comezará ás 20:00 horas no Local Social da Senra, onde o público poderá gozar da actuación do Dúo Caramelo nun ambiente festivo pensado para bailar, lembrar e compartir unha noite de entretemento en boa compañía.

A actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.

O Concello de Cervo celebrará este sábado 16 de maio unha nova sesión do programa Arruguiñas Charlando, unha iniciativa orientada a fomentar o encontro veciñal e o coidado emocional a través de actividades divulgativas e participativas.

A cita terá lugar ás 17.00 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, situado na Casa do Mar, e contará coa participación de Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda.

Durante o encontro, Vázquez ofrecerá o faladoiro Xestión do ánimo, unha proposta centrada na importancia de aprender a relaxarse, manter unha actitude positiva e adquirir ferramentas para mellorar o benestar emocional e mental.

A actividade está aberta á participación da veciñanza e busca crear un espazo próximo para compartir experiencias, reflexionar e promover hábitos saudables relacionados coa saúde emocional.

Desde a organización destacan que este tipo de encontros permiten fortalecer os vínculos sociais e ofrecer recursos útiles para afrontar situacións cotiás desde unha perspectiva máis positiva e equilibrada.

O faladoiro está impulsado polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar, que continúa participando activamente na programación de iniciativas sociais e comunitarias destinadas á veciñanza.

0.13877701759338