Burela acollerá o seu torneo de Fútbol 3x3 os días 18 e 19 de agosto

Burela prepárase para vivir unha nova cita deportiva coa celebración do Torneo de Fútbol 3x3 Concello de Burela, que terá lugar na Praza da Mariña as noites do domingo 18 e do luns 19 de agosto, a partir das 20:00 horas.
As inscricións están abertas dende o 11 e ata o propio día 18 de agosto, en horario de 8:00 a 13:00 horas, na Casa da Xuventude. O formulario de rexistro tamén se pode descargar na páxina web municipal. Desde a organización lembran que, por cuestións de seguro de accidentes, non se aceptarán inscricións fóra de prazo.
En caso de que a meteoroloxía non permita o desenvolvemento da actividade ao aire libre, os partidos trasladaranse ao Pavillón de Os Castros, garantindo así que o torneo se poida disputar sen interrupcións.
Dende o Concello animan á veciñanza a participar e a gozar do ambiente deportivo, lembrando tamén que hoxe, 12 de agosto, e mañá continúa o primeiro Torneo de Vóley-Praia Concello de Burela, que se está celebrando na praia urbana.
Para máis información, pódese contactar co número de teléfono 982 581 141.