Bronce para O Cembedo no Campionato de España Senior de bádminton

AMariñaXa
Marta Castro e Jorge Santamariña subiron ao podio en dobres mixtos tras unha destacada actuación en Leganés
O-Cembedo-Campionato-de-Espana-Senior-Leganes
5 May 2025

O Club de Bádminton O Cembedo, con sede en Viveiro, deixou pegada no Campionato de España Sénior celebrado a pasada fin de semana en Leganés, unha cita que reuniu preto de 400 xogadores procedentes de todo o Estado.

O equipo mariñán estivo representado por tres deportistas: Marta Castro, Iván Suárez e Jorge Santamariña, que competiron nas categorías B2 e C2, asinando un bo papel en cada unha das súas modalidades.

O mellor resultado chegou na proba de dobres mixtos C2, onde Marta Castro e Jorge Santamariña conseguiron un meritorio terceiro posto e a correspondente medalla de bronce. A parella vivairense quedou ás portas da final tras enfrontarse na semifinal ao dúo formado por Michael Lorentzen e Wendy Weir, que acabou levándose o encontro.

Desde o club valoran moi positivamente esta participación, destacando a boa forma e a evolución dos seus xogadores. A vindeira parada para O Cembedo será o 17 de maio en Xixón, onde continuarán sumando experiencia e buscando novos éxitos nas pistas.

⚙ Configurar cookies
0.16908097267151