Bos resultados para o seteiro cervense, Santi González, na última xornada da Liga Nacional de Campo e 3D da RFETA

AMariñaXa
O seteiro cervense, Santi González Villares, participou na cuarta e última xornada da Liga Nacional de Campo e 3D da RFETA.
Santi Amurrio 2023 Iadovi cervo
Santi Amurrio 2023 Iadovi cervo
23 may 2023

A pasada fin de semana celebrouse en Amurrio, Álava, a cuarta e última xornada da Liga Nacional de Campo e 3D da RFETA.

Foi unha fin de semana dura, non só polas condicións meteorolóxicas senón tamén pola topografía dos circuítos. Unhas rutas, iso si, moi bonitas e esixentes que fixeron as delicias dos valentes deportistas que participaron nas dúas xornadas (preto de 60 na carreira de campo e máis de 170 na carreira en 3D).

Alí acudiu o arqueiro cervense Santiago González Villares, que participou na modalidade de arco espido, cun bo resultado, xa que foi primeiro en ambas xornadas no campo celebrado o sábado día 13, acumulando un total de 305 puntos mentres que ao día seguinte na competición 3D logrou 835 puntos. O que lle levará a proclamarse campión da Liga Nacional de Campo RFETA e subcampión da Liga Nacional de 3D da RFETA, na entrega de trofeos que terá lugar ao remate dos campionatos de España de ámbalas modalidades que se realizarán en Ayola, Valencia, o vindeiro 11/06/2023.