Balseiro afirma que a Xunta acometerá antes de finalizar 2023 as obras de dragaxe do porto de Foz

Foz
AMariñaXa
O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou no Parlamento de Galicia que a Xunta acometerá antes de que remate o presente ano as obras de dragaxe do porto de Foz, ao tempo que iniciará os estudos necesarios para unha futura dragaxe do porto chico.
José Manuel Balseiro na Comisión
29 Nov 2023

O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou no Parlamento de Galicia que a Xunta acometerá antes de que remate o presente ano as obras de dragaxe do porto de Foz, ao tempo que iniciará os estudos necesarios para unha futura dragaxe do porto chico.

José Manuel Balseiro manifestou que o Goberno galego “deu prioridade as demandas do sector pesqueiro de Foz, ás asociacións e ao Concello actuando sempre na procura de consenso, polo que en primeiro lugar levarase a cabo a dragaxe do peirao principal deste municipio”.

Neste sentido, lembrou que no porto de Foz “conviven tres condicionantes de protección ambiental de especial complexidade e rigorosidade: lugar de interese comunitario, zona de especial protección ambiental e Rede Natura”. Deste xeito, as precaucións requiridas por unha actuación destas características alongan os procesos de tramitación previos a calquera proxecto de repercusión medioambiental, como é o caso da dragaxe deste porto.

MAIOR CALADO

“Asumimos a necesidade de maior calado no porto chico, pero a urxencia desta actuación será a que permita a súa correcta tramitación administrativa e a máxima transparencia de cara aos afectados”, apuntou.

Balseiro lembrou que a Xunta levou a cabo nas dúas últimas lexislaturas dúas obras de dragaxe do porto de Foz, por un importe de 700.000 euros. “Agora nas vindeiras semanas acometerase esta terceira fase, que conta cun orzamento de 500.000 euros”, engadiu.

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/foz-amxa/241453/

0.093997955322266