Autorizado un novo convenio para a construción da residencia de maiores en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
O montante deste acordo é de 275.000 euros para financiar as obras deste equipamento de titularidade municipal
obras-construcion-residencia-maiores-riotorto
16 Jun 2026

O Consello da Xunta deu o visto e prace á sinatura dun novo convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Riotorto, destinado a continuar coa colaboración na construción da residencia de maiores. O montante deste acordo é de 275.000 euros para financiar as obras deste equipamento de titularidade municipal. O ente local tamén será o responsable de determinar o modelo de xestión deste servizo residencial.

Estes fondos súmanse aos 1,5 millóns de euros xa achegados pola Xunta a esta actuación a través dun convenio anterior e do Plan de investimentos para a construción e mellora de residencias, centros de día e centros sociais que dependen dos concellos. En total, o Executivo autonómico inviste preto de 1,8 millóns de euros no financiamento das obras deste novo centro residencial de Riotorto, o que supón practicamente o 100% do seu custo.

A residencia contará con 37 prazas e disporá de dúas áreas diferenciadas: unha para espazos e servizos comúns, como lavandaría, comedor ou sala de enfermaría; e outra reservada para os dormitorios. Este recurso reforzará a rede de servizos locais e de proximidade para a atención das persoas maiores.

0.12798500061035