Atletas do Club de Atletismo Ría de Foz, rumbo ao Campionato de España
O Club Atletismo Ría de Foz pon rumbo ao Campionato de España de Cross con billete directo ao ser as actuais campioas galegas absolutas de cross. É así o único equipo da mariña que asiste ao Campionato de España de Cross, no que tamén terán representación o Lucus Caixa Rural Galega e a Escola Atlética lucense nas categorías absolutas feminina e masculina.
Este campionato celébrase en Sevilla (Itálica) esta próxima fin de semana, os días 16 e 17 de novembro. "Algo histórico e que só se repitiu unha vez na historia da Mariña. O ano pasado en Soria, tamén co Ría de Foz Absoluto Femenino", destacan desde o club focense.
Así, participarán as cinco atletas do club campioas galegas por equipos en Ribadavia, o que lles deu o billete para este Campionato de España Absoluto Feminino: Carla Trillo, Romina Reimondo, Ana Santiso, Rosalía Rodríguez (vén de ser décima na multitudinaria carreira San Martiño de Ourense) e Sara Reimondo (vén de ser terceira española e sétima no Cross de Soria).
Ademais, de maneira individual participan na categoría Sub-20 feminina, Helena Celada e na categoría Absoluta masculina, Manuel Eiras e Rubén Pérez.