As obras de ampliación da Ponte de Feve, en Ribadeo, marchan a bo ritmo

AMariñaXa
As obras de ampliación da Ponte de Feve, en Ribadeo, marchan a bo ritmo. E na ribeira da Ría segue a eliminación de vexetación invasora.
ampliacion ponte feve ribadeo 1
ampliacion ponte feve ribadeo 1
27 nov 2022

As obras de ampliación da Ponte de Feve, na estrada da Deputación de Lugo, marchan a bo ritmo. E na ribeira da Ría de Ribadeo seguen as labores de eliminación de vexetación invasora.

O alcalde, Fernando Suárez, asegurou este sábado que “van tomando forma obras importantísimas para Ribadeo. Neste caso, coa ampliación da ponte de Feve na estrada da Deputación, colocando os taboleiros para a súa ampliación, algo que dará seguridade aos viandantes. E na ribeira da Ría de Ribadeo, entre a Vilavella e As Aceas, seguen as labores de eliminación de lixo e de vexetación invasora”. 

ampliacion ponte feve ribadeo