As Guerreiras laranxas de Burela son galardoadas nos premios Deporte Galego 2019-2022

AMariñaXa
Os premios Deporte Galego 2019-2022 recoñecen o traballo das Guerreiras laranxas de Burela como mellor equipo feminino
Final Liga Futsi Burela xuno 2022 1
Final Liga Futsi Burela xuno 2022 1
14 Mar 2023

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala foi recoñecido cun galardón nos Premios Deporte Galego 2019-2022 como Mellor equipo feminino. Esta gala non se celebraba dende 2019 e nesta ocasión será no Auditorio Municipal de Ribeira o vindeiro 20 de marzo.

Cómpre destacar a dificultade das propostas e decisións do xurado dos premios que tiveron en conta a realidade do deporte galego durante estes últimos catro anos.

O equipo feminino do Pescados Rubén non foi creado ata 2008 e desde aquel momento o equipo burelés foi crecendo e traballando ata converterse nun referente na Mariña.

No ano 2009 situábase xa na primeira división nacional feminina e 3 anos despois, en 2012, conseguía a súa primeira Copa e a súa primeira Liga. Despois daqueles dous títulos, comezaron a chegar máis ata que en 2016 conseguiuse o primeiro triplete gañando liga, copa e supercopa. Un fito que se repitiu en 2020 logrando, ademais, ser galardoado no 2021 e 2022 como o mellor club feminino de fútbol sala do mundo e contando nas súas filas ademais coa tamén elixida segunda mellor xogadora do mundo, de posición á-pivot, Patricia González Mota, Peque, que loce o dorsal 7 no seu equipo.

Supercopa Espana 2023 final_PRBurelaFS Torreblanca 2
0.19112181663513