As Guerreiras Laranxas xa contan cun título máis, a medalla Castelao

AMariñaXa
O equipo do Pescados Rubén Burela feminino de Fútbol Sala vén de ser condecorado coa medalla Castelao 2022
Pescados Ruben Guerreiras laranxas campionas Copa Raina 2022 1
17 Xuño 2022

O equipo do Pescados Rubén Burela feminino de Fútbol Sala vén de ser condecorado coa medalla Castelao 2022 pola Xunta de Galicia, unha medalla que segundo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “se lles recoñece o seu traballo, logros e que leven o nome de Galicia máis alá das nosas fronteiras”.   

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia. Distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo dunha personalidade galega. 

Foi creada en 1984 con motivo do retorno a Galicia dos restos de Castelao o 28 de xuño dese ano. Afirmaba o Decreto de creación da Medalla: (...) a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras é o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo.

O equipo das guerreiras laranxas foi galardoado con este prestixioso premio, froito do seu traballo e dominio no seu ámbito deportivo. Recibirano nun acto que se celebrará o 28 de xuño en Santiago de Compostela e no que tamén serán nomeados o político Camilo Nogueira, o chef Javier Olleros, o xornalista Javier Sánchez de Dios e a coral polifónica El Eco de A Coruña.

O presidente da Xunta referiase ao conxunto mariñano como “una institución referente en el mundo del deporte y en la promoción de la igualdad en la sociedad”. Esto é así xa que este equipo leva sendo o máximo representante do fútbol sala mundial, comprendendo xogadoras da maior talla internacional. E debido ao seu éxito, o seu deporte cada vez é máis seguido e apoiado pola xente. 

Como logros destacaban que o equipo é tetracampión da Supercopa de España, campeón da Futsal Women´s European Champions e nominado mellor equipo de fútbol sala femenino do mundo e un longo étc de títulos no seu palmarés. 

"É un orgullo que na nosa comarca contemos con un equipo con tanto impacto, que cada día siga conquistando triunfos", destacaban dende o equipos burelés.  

0.1492018699646