As carrilanas volverán á Pontenova da man do Campionato de España

AMariñaXa
O vindeiro sábado 23 e domingo 24 de xullo as carrilanas volverán á Pontenova, da man do Campionato de España de Carrilanas
carrilanas pontenova
carrilanas pontenova
20 Xuño 2022

O vindeiro sábado 23 e domingo 24 de xullo as carrilanas volverán á Pontenova, da man do Campionato de España de Carrilanas dentro da Federación de Deportes de Inercia.

Esta proba deportiva comezará o sábado coas verificacións dos vehículos participantes na proba e os adestramentos, e despois farase unha ruta barítima máxica, haberá cea e actuacións musicais.

A ruta barítima contará co Mago Joel, gañador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno, semifinalistas de Got Talent España, e Roberto Lolo.

Xa o domingo 24 de xullo será o día da carreira e acto seguido a entrega de premios seguida de seión vermú. Xa pola noite ás 20.00 horas haberá unha gala de maxia na casa da cultura.

Para participar será necesario inscribirse no seguinte enlace antes do 20 de xullo.E para calquer dúbida haberá que enviar un email a motoreopontenova@gmail.com-

Existen diferentes modalidades para as carrilanas Simpatía, Madera, Drift Trike, Sputnik, Patinaje de Descenso, Street Luge, LongBoard, Gravity Bike, Rodamientos, Neumática GX (Colectiva), Neumática GX (Individual), C10 (Skeleton), C9 (Kart Junior 6 a 15 años), C8 (Kart), C7 (Carrioli), C6 (Bob-Car), C5 (SideCar), C4 (monoplaza +18 años), C3 (monoplaza 14 a 17 años), C2 (monoplaza 10 a 13 años) e C1 (monoplaza 6 a 9 años).

campionato espana carrilanas pontenova 2022
0.1884651184082