As carrilanas tomarán mañá a Pontenova

AMariñaXa
O vindeiro sábado 23 e domingo 24 de xullo as carrilanas volverán á Pontenova, da man do Campionato de España de Carrilanas
campionato espana carrilanas pontenova 2022 1
campionato espana carrilanas pontenova 2022 1
22 Xul 2022

Mañá sábado 23 e o domingo 24 de xullo as carrilanas volverán tomar o Concello da Pontenova, da man do Campionato de España de Carrilanas dentro da Federación de Deportes de Inercia.

Esta proba deportiva comezará o sábado coas verificacións dos vehículos participantes na proba e os adestramentos, e despois farase unha ruta barítima máxica, haberá cea e actuacións musicais.

A ruta barítima contará co Mago Joel, gañador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno, semifinalistas de Got Talent España, e Roberto Lolo.

Xa o domingo 24 de xullo será o día da carreira e acto seguido a entrega de premios seguida de seión vermú. Xa pola noite ás 20.00 horas haberá unha gala de maxia na casa da cultura.

Existen diferentes modalidades para as carrilanas Simpatía, Madera, Drift Trike, Sputnik, Patinaje de Descenso, Street Luge, LongBoard, Gravity Bike, Rodamientos, Neumática GX (Colectiva), Neumática GX (Individual), C10 (Skeleton), C9 (Kart Junior 6 a 15 años), C8 (Kart), C7 (Carrioli), C6 (Bob-Car), C5 (SideCar), C4 (monoplaza +18 años), C3 (monoplaza 14 a 17 años), C2 (monoplaza 10 a 13 años) e C1 (monoplaza 6 a 9 años).

0.18269205093384