Arranxan os camiños nas parroquias focegas de San Martiño e Santa Cilla

Foz
AMariñaXa
As actuacións comezaron coa limpeza de cunetas e foxos nos lugares da Veiga de Marcos, Ver e Reiriz
obras a veiga foz
11 Out 2024

O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de San Martiño e Santa Cilla, con cargo ao Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024. As obras, orzamentadas en 97.500 euros, están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural (Feader) nun 62 por cento, o Concello de Foz nun 17,4 %, a Xunta de Galicia nun 14,5 % e o Ministerio de Agricultura nun 6,2 %.

As actuacións comezaron coa limpeza de cunetas e foxos nos lugares da Veiga de Marcos, Ver e Reiriz, en San Martiño, e Vilatuixe, en Santa Cilla. O alcalde, Fran Cajoto, destaca a necesidade de mellora destes camiños, que levaban moitos anos sen un arranxo e que demandaban asociacións de veciños e particulares. “Procedemos á limpeza das marxes e en pouco tempo comezaremos cos traballos de mellora de firme, cun dobre tratamento con rega asfáltica. Estes traballos son posibles fundamentalmente polo apoio da Unión Europea, a través dun plan dirixido a viais en parroquias con concentración parcelaria. Seguimos traballando para a mellora de toda a rede viaria, con distintos plans e liñas de actuación. Pedimos a todos desculpas polas molestias durante a execución dos traballos”.

0.20501303672791