Arranca a próxima fin de semana a Copa Galicia de Fútbol Sala sénior

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
Celebrarase a fase previa para eles e os oitavos de final para elas, que rematarán a fin de semana do 24 e 25 de marzo
balon-futbol-sala
23 Aug 2026

A competición de fútbol sala nas categorías sénior masculina e feminina retomarase a próxima fin de semana coa celebración da fase previa para eles e os oitavos de final para elas da Copa Galicia.

Arranca deste xeito a XXXIV edición dunha competición que é xa un clásico e que serve para iniciar a tempada. Así, a fin de semana do 29 e 30 de agosto disputarase para a masculina a primera fase previa na que se enfrontará vinte equipos, dos que se clasificarán a metade para disputar a segunda sesión xunto a outros 6. Esta terá lugar xa a próxima fin de semana, a primeira de setembro.

As seguintes sesións terán lugar o 30 de setembro, 2 e 10 de decembro para rematar o 24 de marzo coa final.

Para a feminina será a XIX edición e contará con catro partidos, con catro equipos que pasarán á seguinte rolda, que será o 21 de outubro, cando se incorporarán outros catro, o Cidade de Ourense, Poio, Castro e Burela.

Tralos cuartos, rematarán a competición o 11 de novembro, para as semifinais, e o 25 de marzo para a final.

0.11856198310852