Antigos alumnos do colexio Vicente Casabella organizarán unha cea de reencontro en Ourol

AMariñaXa
A cita terá lugar o 25 de abril no restaurante Louzao cun menú completo e ambiente festivo
colexio-centro-de-dia2
26 Mar 2026

Un grupo de antigos alumnos do colexio Vicente Casabella de Ourol prepara unha cea de reencontro que se celebrará o vindeiro sábado 25 de abril. O evento desenvolverase no restaurante Louzao, situado na área de Area, e dará comezo ás 22:00 horas, nunha xornada pensada para recuperar lembranzas e compartir momentos especiais.

A organización deseñou un menú variado que incluirá aperitivos ao estilo da casa, con empanada, xamón e queixo, croquetas, luras e outros petiscos. A continuación, serviranse entrantes para compartir como pementos do piquillo recheos, pastel de cabracho, zamburiñas á prancha e lagostinos. Como prato principal, as persoas asistentes poderán escoller entre carne ou peixe, seguido de sobremesa con pastel e xeado, ademais de café e bebidas.

O prezo da cea será de 50 euros por persoa, ao que se sumarán 10 euros adicionais para o servizo de música, que animará a velada. As reservas poden realizarse ata o 18 de abril a través dos teléfonos facilitados pola organización.

0.12749099731445