Alfoz abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas municipais de adultos e escolares

AMariñaXa
O Concello amplía a oferta de pilates debido á alta demanda e mantén actividades para fomentar o deporte entre todas as idades
Actividades Alfoz
20 sep 2024

O Concello de Alfoz abriu o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais nas modalidades de patinaxe e atletismo, así como para as Actividades Deportivas para Adultos.

Neste sentido, as inscricións poderán realizarse entre o 20 e o 27 de setembro.

A oferta inclúe patinaxe e atletismo para os máis novos, mentres que para os adultos ofrécense actividades como ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates. Debido á alta demanda do pilates na pasada tempada, o Concello ampliará o horario desta actividade, engadindo unha hora máis.

Con estas iniciativas, Alfoz reforza o seu compromiso coa promoción dun estilo de vida saudable e activo, ofrecendo opcións deportivas para todas as idades.

0.1883909702301