Acordo do Pleno focego para mellorar o funcionamento do centro de saúde

Foz
AMariñaXa
O BNG acada o acordo do Pleno para mellorar o funcionamento e a dotacion de persoal do centro de saúde de Foz, coa negativa do PP.
centro saude foz
centro saude foz
30 Xul 2021

O BNG acada o acordo do Pleno para mellorar o funcionamento e a dotacion de persoal do centro de saúde de Foz, coa negativa do PP. Así dende o grupo nacionalista focego agradecen "o bo facer dos traballadores do Centro de Saúde de Foz durante estes meses de intensísimo traballo".

O centro continúa "funcionando cun sobresforzo dos seus traballadores, por mor das reiteradas e inadecuadas coberturas das ausencias nin de sanitarios nin PSX, e a non reposición da xubilación do persoal auxiliar de enfermería. Durante a pandemia e nas sucesivas ondas, o centro nunca recibiu ningún reforzo, mesmo para a realización dos estudos epidemiolóxicos en relación coa infección por coronavirus. No medio da quinta vaga e inicio de tempada estival, por vez primeira en 15 anos a Consellería de Sanidade decide non incorporar persoal sanitario, nin facultativo nin DUE, de desprazados, e para abundar no desleixo as ausencia programadas non se cubren. Unha situación inédita no peor momento", din.

Continúan demandando unha cobertura adecuada das urxencias sanitarias, a reposición das xubilacións, a cobertura das baixas, das reducións de xornada e a incorporación do segundo TES no transporte urxente e unha adecuada planificación dos permisos dos profesionais. Por estas razóns o grupo municipal do BNG someteu a debate e aprobación polo pleno do Concello de Foz unha moción para instar á Consellería de Sanidade a que dote adecuadamente o centro de saúde, incluindo persoal de reforzo para desprazados, que cubra as as baixas, as reducións de xornada e as vacacións dos profesionais do centro de saúde de Foz. 

0.18642902374268