Acondicionado o campo de fútbol da Devesa

AMariñaXa
Investíronse preto de 20.
3 Xan 2023

Investíronse preto de 20.000 euros no acondicionamento e melloras de instalación do campo de fútbol da Devesa e a instalación dun novo ximnasio para os membros do club.

"O Ribadeo FC é un dos clubs máis representativos do municipio polos valores que inculcan a os nenos e nenas do club e por ser motivo de reunión cada fin de semana para ver competir aos xogadores das distintas categorías", din dende o grupo municipal popular.

O voceiro popular, Dani Vega, explica que o obxectivo do grupo municipal popular é o de traballar e colaborar con todas as entidades deportivas do municipio sen excepción. “Nós pensamos no colectivo e non en individualismos, e seguiremos nesta liña de traballo para que todos os clubs deportivos de Ribadeo poidan medrar”, engade.

ACTUACIÓNS NO CAMPO DA DEVESA

Pola súa parte, o coordinador de deportes, Tito Suárez explicou que “despois dunha xuntanza coa directiva do club onde nos facían chegar as súas preocupación por adestrar con garantías esta semana, xa que as instalacións municipais que viñan utilizando non estaban en condicións. Pois ben, puxémonos a traballar codo con codo con eles e, desta reunión saiu que lográbamos amañar e acondicionar o campo de futbol do campamento xuvenil da Devesa, por un importe de 19.000 euros. Ademais colocamos alumeado, arranxábase e resembrábase o céspede, colocábase unas redes nas porterías e detrás das mesmas para que non se foran os balóns”, di Suárez.

0.18664717674255