Ábrese o prazo de inscrición para as actividades deportivas de persoas adultas en Barreiros

AMariñaXa
Barreiros abre o prazo ata o 25 de setembro para inscribirse nas actividades deportivas municipais destinadas a maiores de 16 anos
barreiros actividades adultos
18 Sep 2024

Barreiros vén de abrir o período de inscrición para as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas (+16 anos) que se ofertan a través das Escolas Deportivas Municipais para a tempada 2024-2025. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 25 de setembro.

As actividades dispoñibles inclúen "Espalda saudable", "Ximnasia de mantemento", "Ioga suave", "Ioga intenso", "Zumba", "Pilates" e "Baile". As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición no rexistro municipal. No caso de superarse o número de prazas dispoñibles, daráselle preferencia ás persoas empadroadas no concello.

Para acceder ás bases e á ficha de inscrición, pódese visitar a web municipal ou descargar os documentos a través das seguintes ligazóns:

As bases poden consultarse a través da seguinte ligazón. Ademais da ficha de inscrición.  Para máis información e consultar a listaxe de admitidos/as, recoméndase visitar a sección de deportes na web oficial do Concello de Barreiros.

0.17020606994629