Abrese o período de inscrición para as escolas deportivas municipais de Barreiros

AMariñaXa
O Concello de Barreiros vén de abrir o prazo de inscrición para as escolas deportivas para este ano 2022-2023 con moitas actividades.
escolas deportivas barreiros portada
escolas deportivas barreiros portada
21 sep 2023

Abrese o período de inscrición para as escolas deportivas municipais de Barreiros para a nova tempada 2023-2024. Así, co fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a nenos e maiores para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello vén de programar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2023-2024.

As de miores son ximnasia de mantemento, espalda saudable, ioga, GAP e zumba; e as de menores son atletismo, patinaxe, fútbol sala, surf, natación
e kárate.

O venres 22 publicarasetoda a información das escolas para menores na web municipal e o período de inscrición nas escolas deportivas dos menores abrirase o 25 de setembro.

O luns 25 haberá unha reunión informativa á que se poden achegar todas aquelas familias interesadas en como será o funcionamento das escolas e onde se resolverán as dúbidas que xurdan.

Toda a información e a ficha de inscrición nesta ligazón.

0.18542385101318