Abren as inscricións para a Ruta da Fraga da Becerreira, en Trabada

AMariñaXa
Desde xuño ata novembro, realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no Concello de Trabada
trabada_sendeirismo
14 Oct 2024

O Concello de Trabada presenta os detalles da última das rutas programadas este ano coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O 10 de novembro chega a quenda da Ruta da Fraga da Becerreira, un percorrido de seis quilómetros de dificultade media-baixa. A saída será ás 10.00 horas desde a praza do concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes. As prazas son limitadas. Inscricións ata o 5 de novembro no teléfono do concello 982 135 011.

Desde xuño ata novembro, realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da
Becerreira). “Quero agradecer a receptividade e a alta participación nas rutas; con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar os hábitos saudables”, explica o alcalde, Rubén García. “Seguiremos apostando en Trabada por este tipo de actividades que combinan deporte e natureza”, engade o alcalde.

ruta novembro trabada
0.188392162323