A veciñanza de Xove contará cun obradoiro de ioga de longa duración

AMariñaXa
O Concello de Xove organiza para a nova tempada un obradoiro de ioga que se alongará no tempo, dende outubro de 2023 ata maio de 2024.
ioga
26 sep 2023

O Concello de Xove organiza para a nova tempada un obradoiro de ioga que se alongará no tempo, dende outubro de 2023 ata maio de 2024.

A actividade comezará o 2 de outubro, luns, e haberá cinco grupos. Catro deles serán os martes e xoves con estes horarios: de 10.30 a 12.00, de 17.30 a 19.00, de 19.00 a 20.30 e de 20.30 a 22.00. E no quinto grupo, para persoas coidadoras ou con enfermidades crónicas, o obradoiro desenvolverase os luns e mércores de 17.30 a 19.00 horas.

As inscricións deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil, onde tamén poden consultarse os prezos.

ioga longa duracion xove 2023 actividades
0.22414684295654