A selección española de baloncesto feminino U18 chega a Ribadeo

AMariñaXa
Xa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo
seleccion-baloncesto-femenino-en-Ribadeo
seleccion-baloncesto-femenino-en-Ribadeo
10 Xul 2024

Xa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo. Os encargados de darlle a benvida foron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. O combinado nacional enfrontarase a Croacia, Polonia e Hungría no Torneo que as catro seleccións disputarán en Ribadeo do 18 ao 20 de xullo.

“Estamos moi contentos de recibir en Ribadeo un verán máis á selección española se baloncesto feminino U18. A concentración deu comezo e prolongarase ata o 29 de xullo. Na nosa vila contamos cunhas instalacións deportivas de primeiro nivel que nos permiten acoller esta tipo de eventos deportivos: concentracións e torneos”, dixo o edil de Deportes

Silvent engadiu que “Ribadeo é unha vila que vive de xeito especial o baloncesto, grazas ao traballo que realiza o CB Ría de Ribadeo, club co que desde o Concello estamos a colaborar. Agardamos que as rapazas e os rapaces que aman este deporte gocen coa presenza destas xogadoras, vibren e as apoien no torneo internacional que terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo”.

0.18949007987976