A Pontenova acolle a presentación da reedición da novela 'La señorita detective', de Federico Mediante

AMariñaXa
O acto celebrarase este sábado 14 de novembro na Casa da Cultura coa participación da neta do escritor, Ana Rosa Martínez Loredo, o editor Antonio Andina e José Manuel Álvarez Veiga
Carro-tarabelo-asociacion-pontenova-2026
13 Nov 2026

A Pontenova será escenario este sábado, 14 de novembro, da presentación da reedición de 'La señorita detective', unha novela escrita por Federico Mediante e publicada orixinalmente en 1943. O encontro terá lugar ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura e forma parte da xira de presentación da obra, baixo o lema #DevolverElNombre.

A convocatoria contará coa presenza de Ana Rosa Martínez Loredo, neta do autor e investigadora da súa obra; Antonio Andina Penabad, director de EOeditorial, responsable da reedición, e José Manuel Álvarez Veiga, autor do blog 'Ponte Ágora (6.0)'.

A publicación recupera unha novela de Federico Mediante que agora volve estar dispoñible grazas a esta nova edición. A presentación permitirá achegarse á figura do escritor e ao traballo de recuperación da súa produción literaria.

A entrada será libre e gratuíta. A iniciativa conta coa colaboración de Carro Tanabelo.

⇒PODES LER A REPORTAXE DE CARRO TARABELO

0.1196072101593