A Festa da Troita da Pontenova, premiada como Mellor evento Deportivo na II Gala Premios Pesca

AMariñaXa
A Festa da Troita da Pontenovafoi premiada como Mellor evento Deportivo España na II Gala Premios Pesca a Nivel Nacional
gala pesca pontenova ganador .1jpg
gala pesca pontenova ganador .1jpg
5 mar 2023

A Festa da Troita da Pontenova foi premiada como Mellor evento Deportivo España na II Gala Premios Pesca a Nivel Nacional, que organiza o programa Río de la Vida de Bom Radio.

O encargado de recoller este galardón foi Javier Rois, presidente do Centro de Iniciativas Turísticas ou CIT da Pontenova.

Esta cita que se celebrou no Espazo Multiusos de la Vega en Arroyo de la Encomienda, Valladolid, premiou en diferentes ambitos á pesca deportiva, reunindo aos cen mellores pescadores.

Os premios foron Colaboración II Gala Premios Pesca, Invitado de Honra, que será para o prestixioso pescador Marcos Víctor Calleja, Lanzado e Precisión, Carpfishing, Salmónidos mosca, Montador de moscas e Stremers, Depredadores, Auga Doce, Mar - Costa, Medio de Difusión Pesca, Mellor Xestión Fluvial España, Conservación e Medio Ambiente, Programa máis descargado Río de la vida, Mellor evento Deportivo España e Premio Río da Vida 2022 ao que optan todas as persoas que asisten ao evento.

gala pesca pontenova ganador