A Deputación licita por case 260.000 euros a mellora da estrada entre Pedrón e Cazolga en Lourenzá

AMariñaXa
As actuacións afectarán a máis de catro quilómetros da LU-P-2804 e incluirán a renovación do firme, melloras na drenaxe e nova sinalización
Lourenza-Cazolga-pintado-varanda-ponte-
26 Jun 2026

A Deputación de Lugo aprobou a licitación das obras de renovación do firme da estrada LU-P-2804, a vía que comunica os lugares de Pedrón e Cazolga, no concello de Lourenzá, cun investimento próximo aos 260.000 euros.

A deputada Pilar García Porto destacou a importancia desta infraestrutura para a mobilidade do municipio, ao tratarse dunha estrada moi utilizada pola veciñanza por conectar o núcleo urbano de Lourenzá e a estrada N-634 co barrio de Cazolga. Ademais, puxo en valor a relevancia da contorna, unha zona coñecida pola súa ponte histórica sobre o río Masma e pola área recreativa existente, elementos que a converten nun espazo de interese natural, patrimonial e turístico para o municipio.

As obras desenvolveranse ao longo de algo máis de catro quilómetros desde o inicio da estrada e contarán cun prazo de execución de 4 meses. Os traballos incluirán a reapertura de cunetas, a mellora dos sistemas de drenaxe e do firme, así como a reposición da sinalización vertical.

Con esta actuación, a institución provincial busca mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria nunha das conexións de maior uso para a veciñanza da zona.

0.12104988098145