A Deputación aproba as axudas para clubs de deporte base e afeccionado

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
Efrén Castro informou da aprobación das bases, que se publicarán a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia.
escolas deportivas patinaxe tenis deportes
1 Mar 2024

Efrén Castro informou da aprobación das bases, que se publicarán a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro deu conta da aprobación este venres en Xunta de Goberno das bases das subvencións de concorrencia para clubs e entidades deportivas.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destina 600.000 euros a esta liña de axudas destinadas a financiar a actividade competitiva e a organización de eventos.

Efrén Castro destacou que “se trata da principal liña de investimento da área de Deportes e da convocatoria de concorrencia competitiva con maior dotación orzamentaria das que se realizan desde a Deputación de Lugo, unha mostra do compromiso desta institución coa promoción do deporte”

O vicepresidente destacou tamén “que se trata duns recursos fundamentais para o mantemento do tecido deportivo, especialmente dos clubs de base e amateur que facilitan o acceso ao deporte e promoven a actividade física en todo o territorio” e lembrou que “na pasada anualidade, as axudas chegaron a 330 clubs de todas as comarcas”.

A convocatoria de subvencións publicarase no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana, abríndose daquela o prazo de solicitude para as entidades interesadas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14604496955872