A Carreira popular Solidaria de Reis de Barreiros contou con 300 participantes

AMariñaXa
A Carreira popular Solidaria de Reis 2023 celebrouse este domingo nas súas distintas categorías e modalidades e que tivo lugar no campo de fútbol O Cascabeiro, e na que participaron preto de 300 persoas.
9 Xan 2023

A Carreira popular Solidaria de Reis 2023 celebrouse este domingo nas súas distintas categorías e modalidades e que tivo lugar no campo de fútbol O Cascabeiro, e na que participaron preto de 300 persoas.

Na presente edición, o Concello de Barreiros, colaborará coa asociación Saúde Mental A Mariña doando o importe íntegro da andaina a maiores do 30% da carreira absoluta.

A proba deportiva, organizada pola Concellería de Participación e Dinamización Veciñal do Concello mariñán e coa que colabora a Deputación de Lugo, doa o 30% da inscrición á Asociación Saúde Mental da Mariña.

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou na entrega de premios da categoría absoluta da carreira.

García Bermúdez sinalou que a aposta polas políticas sociais “é xa un sinal de identidade da Deputación de Lugo. O noso compromiso -engadiu-, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo para todo tipo de accións”.

Neste sentido, a Deputada lembrou que a institución provincial colabora directamente coa Asociación Saúde Mental da Mariña que conta con 120 usuarios e usuarias dos servizos nos centros de Burela, Ribadeo e Viveiro, e subliñou a importancia de apoiar ao tecido asociativo. “Hoxe quixemos vir aquí como mostra do noso compromiso con esta asociación e para apoiar ao Concello de Barreiros por esta iniciativa solidaria”, apuntou Bermúdez.

0.18558692932129