A atleta ribadense Paula Conde conseguiu proclamarse campioa galega na categoría SUB 18

AMariñaXa
O tamén atleta ribadense Brais García González conseguiu no mesmo campionato o 4º posto
atletas-Ribadeo
atletas-Ribadeo
11 Xuño 2024

Paula Conde Carrelo, atleta do Club Atletismo Ribadeo, proclámase Campioa Galega categoría SUB 18, ao gañar o Campionato Xunta de Galicia de dita categoría e xa sendo na categoría de Pista Cuberta en 60 e 200 metros.

Coa súa actuación na pista municipal de Balaidos, onde se disputou o Campionato, conseguiu dous ouros nas probas de 100 e 200 metros. Marcou os mellores tempos da tempada, a pesar de que a xornada tivo como protagonista o vento en contra.

Así, nos 100 metros obtivo o ouro cun tempo de 12.44, preto da súa marca persoal; e nos 200 metros parou o crono en 25.98, sendo a única atleta en baixar dos 26".

Ademais, a representación do Club Atletismo Ribadeo culminou coa grande actuación de Brais García González, que disputou a Final A dos 800 metros, a final onde se disputaron as medallas.

O atleta ribadense estivo sempre na loita polo podio, xogándose a prata, bronce e o 4° posto, rematando no posto 4°, parando o crono en 2.00.44 e facendo MP.

0.18390321731567