A alcaldesa de Burela considera “moi decepcionantes para o concello” os orzamentos da Xunta de Galicia

AMariñaXa
Carmela López é o candidato do Partido Socialista de Burela á Alcaldía do concello nas vindeiras eleccións do 28 de maio.
carmela lopez alcaldesa BURELA 28 OUT
28 Oct 2023

A alcaldesa de Burela, Carmela López, considera “moi decepcionantes para o noso concello” os orzamentos 2024 da Xunta de Galicia.

López lamenta especialmente “a ausencia dun compromiso real para a nova EDAR de Burela, unha infraestrutura pendente desde hai anos e moi importante para o noso concello”.

“As contas inclúen unha partida para a EDAR no ano 2024 que non cubre nin a metade do orzamento das obras e non hai un compromiso de investimento nos seguintes exercicios, como vemos noutros proxectos”, engade.

"Ademais, as obras aparecen desde hai oito anos nas contas autonómicas pero non as executan", lembra Carmela López, "e hai fondos europeos asignados ao proxecto que se poden perder", advirte.

Ante esta situación, “solicitarei unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para desbloquear o proxecto e obter un compromiso de completar o orzamento das obras, porque os veciños e veciñas de Burela non merecen isto”.

“Xa levamos demasiadas promesas e demasiado tempo esperando, pero os compromisos do goberno galego quedan sempre en papel mollado e as obras da EDAR non comezan”, remata López.

https://galiciaxa.com/2023/10/amxa/zonas-amxa/burela-amxa/235832/

0.16184115409851