185 deportistas recibirán as bolsas de deporte da Deputación

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
185 deportistas de modalidades individuais recibirán bolsas da Vicepresidencia da Deputación, que destinou 85.500 euros á convocatoria
deportes escolas deportivas
6 Ago 2022

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a resolucion provisional dos premios para deportistas de modalidades individuais que concede a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Deportes.

185 deportistas recibirán estas bolsas que teñen como obxectivo fomentar a participación continuada e progresiva dos deportistas lucenses de base nas distintas disciplinas, recoñecendo os seus logros e favorecendo o progreso na súa formación integración integral.

As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, en función da participación das e dos solicitantes en diferentes probas e campionatos, desde competicións de nivel provincial ata campionatos mundiais.

O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que “coas axudas tratamos de contribuír a financiar os custos que lles supón a estes deportistas acudir ás probas e tamén incentivar e recompensar o seu esforzo por mellorar a nivel deportivo, especialmente nas etapas de iniciación, que son o principal obxectivo desta liña de apoio ao deporte”.

O responsable provincial explicou que “coa excepción das convocatorias realizadas nos anos de pandemia, nos últimos anos se ven rexistrando un aumento de solicitudes destes premios, o que dá conta da boa saúde do deporte lucense e da gran canteira coa que contamos”.

A resolución publicarase a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia. As persoas beneficiarias terán a partir dese momento un prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións.

A área de Deportes investiu nesta convocatoria de concorrencia competitiva un total de 85.500 euros, que se suman aos 500.000 concedidos a clubs e entidades deportivas, cuxa resolución se publicou este venres no Boletín Oficial da Provincia, coa listaxe de entidades beneficiarias.

0.16635918617249