Opinión: Zarzuela Encantada

AMariñaXa
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Julia-M.-Dopico-Vale-y-Pineiro
Actualizada el 14 julio 2026, 16:25 horas
11 Jul 2026

Por Julia Mª Dopico Vale y Piñeiro

O venres 10 de xullo, no Auditorio da Sede Afundación A Coruña, tivo lugar un concerto de zarzuela a favor da Cociña Económica, organizado pola Asociación Lírica Encantados, estando á fronte da mesma a profesora superior de canto Diana Somkhieva, nada en Yerevan —capital de Armenia— e afincada na cidade herculina desde hai anos, uníndonos desde entón unha estreita amizade e realizando ambas co “Dúo Lyrica's” —canto lírico e piano— actuacións, entre as que lembro, por exemplo, o Concerto das Letras Galegas no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, a fermosa misa celebrada na antiga capela de San Pedro de Marmancón, en Ferrol, con Xaquín Campo Freire, alma mater, xunto coa Asociación de Veciños, da revitalización deste lugar, presidido por unha fermosísima virxe de alabastro e un cadro inventariado que regalou miña nai —historia pendente de relato—, e outras actuacións diversas: en Barreiros, seguindo o rumbo marítimo da Basílica das Catedrais, ou en San Martiño de Mondoñedo, catedral románica considerada a máis antiga de España, con orixes que se remontan ao século VI.

Diana e Leri, o seu esposo, excelente músico e afinador de pianos, e mais eu, compartindo espazos musicais, momentos revolucionarios, sempre fraternais, estreas das miñas obras e concertos de “Encantados”, esta asociación que é canteira de novas voces líricas galegas que obteñen, a través dos ensinos de Diana, boa técnica e boas capacidades expresivas, dramáticas…, facendo que moitos destes cantantes accedan a espazos relevantes nos máis prestixiosos teatros de Europa.

O concerto desta vez encandilou o público tanto polas interpretacións de Andrea Varela, Víctor Gómez, Marta López, Javier Veiga, Rosalía Martín, José Carballido, Irene Zas, Lucía Ranieri e Adriana Gómez, acompañados pola estupenda pianista repertorista Meri Somkhieva, como pola elección do xénero da zarzuela, tan español, tan costumista, tan entrelazado co folclore —xotas, fandangos, chotis, habaneiras…—, que tanto comprace ao público.

Parabéns, por tanto, a todos os que fixeron posible esta velada de “zarzuela encantada”.

0.12482905387878