XXXVI edición do Gran Premio Ciclista San Roque será este sábado

TerraChaXa | AMariñaXa
5 Xuño 2019

Chega a XXXVI edición do Gran Premio Ciclista San Roque, categoría autonómica, e o III Trofeo Astur-Cántabro-Galaico para Cadetes.
O alto do monte San Roque converterase o sábado 8 de xuño desde primeira hora da mañá nun epicentro ciclista da mariña co Gran Premio Ciclista San Roque, que organiza a escola de ciclismo do Club Ciclista San Roque.
Rapaces procedentes de diferentes puntos de Galicia, Asturias e Cantabria participarán nunha competición que arrincará ás 15:30 horas coas probas dirixidas aos máis novos. Os máis pequenos terán que completar unha xincana e unha volta ao circuíto.
Ás 16:30 horas será a quenda dos infantís que terán que percorrar 16,11 quilómetros, empezará e acabará en Celeiro, logo de alcanzar unha altitude máxima de 348 metros sobre o nivel do mar.
A continuación, ás 17:30 horas, terá lugar a saída para cadetes, que será puntuable para o Trofeo Astur Cántabro Galego da categoría. Os mozos ciclistas deberán completar un trazado de 42,30 quilómetros, no que pedalearán a unha altitude máxima de 348 metros.
Haberá trofeos e ramo de flores ao vencedor de cada categoría, e trofeos aos cinco primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina.

0.12018704414368