Xove xa conta cos seus contedores marróns

AMariñaXa
O vindeiro venres 12 de xullo a partir das 20.00 horas na aula de formación do concello de Xove farán entrega da chave
plano_xove_contedores_marróns
plano_xove_contedores_marróns
10 Xul 2024

Dende hai uns días poden verse os contedores marróns nalgúns puntos de Xove. Neles pódese depositar materia orgánica, restos de comida e plantas. Para facer uso destes contedores hai que solicitar unha chave por teléfono no número 982 592 001, por e-mail medio.ambiente@xove.es, acudindo ás oficinas do Concello ou no Rexistro.

Ademais, o vindeiro venres 12 de xullo a partir das 20.00 horas na aula de formación do concello de Xove farán entrega da chave, dun contedor pequeno e de dous paquetes de bolsas biodegradables a todos os inscritos que queiran facer uso deste servizo. A entrega virá precedida dunha breve charla na que se explicará como é o seu uso e se responderán a todas as dúbidas.

0.18461513519287