Xove vivirá un tributo a Mark Knopfler cun concerto da banda Great Strait
AMariñaXa
Un concerto de Óscar Rosende coa súa banda para gozar das mellores cancións do cantante de Dire Straits
7 Dec 2024
O Concello de Xove anuncia o concerto de Óscar Rosende coa súa banda Great Strait nun tributo a Mark Knopfler do grupo británico Dire Straits. O público poderá gozar de escoitar as súas mellores cancións nesta cita musical.
Terá lugar o día 28 de decembro ás 22.30 horas no Pabellón de Deportes (Xove), entrada de balde nun concerto que forma parte do programa Xacobeo Xove.