Xove proxectará o documental ‘En deuda con todas’
AMariñaXa
Terá lugar o día 21 de novembro ás 20.30 horas na Aula de Formación
7 Nov 2024
O Concello de Xove proxectará o día 21 novembro ás 20.30 horas o documental ‘En deuda con todas’ na Aula de Formación. Trátase dun documental social onde se aborda a vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos no Salvador por parte do Estado.
Así, aborda a loita de colectivos feministas para esixir unha lexislación que non vulnere os Dereitos Humanos da metade da poboación e que sexa garante do acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos.
As propias protagonistas relatan a súa experiencia lembrándolle ao mundo que despenalizar o aborto cando a saúde dunha nai corre perigo é tamén unha loita pola vida.