Xove prepara a VIII Marcha BTT Xoviética para o 25 de outubro

AMariñaXa
O club Komando Xoviético ultima os detalles dunha ruta ciclista que cada ano reúne participantes de diferentes puntos
Marcha-Xovietica-2025-BTT-XOve
Nosphoto
10 Sep 2025

Xove quenta motores para unha nova cita deportiva. A oitava edición da Marcha BTT Xoviética celebrarase o sábado 25 de outubro, organizada polo club Komando Xoviético, que leva anos impulsando esta iniciativa xa consolidada no calendario local.

Desde a entidade sinalaron que “pouco a pouco iremos informando de todas as novidades que estamos a planear”, co obxectivo de ofrecer unha experiencia atractiva para os afeccionados á bicicleta de montaña.

A marcha adoita percorrer entre 30 e 40 quilómetros, un itinerario que varía en cada convocatoria en función do nivel de esixencia marcado pola organización. A participación, segundo lembran desde o club, flutúa cada ano, mais mantén un espírito de convivencia e deporte que fai desta ruta unha das máis recoñecidas da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.11696910858154