Xove pon en marcha un programa de rutas guiadas

AMariñaXa
As actividades teñen como obxectivo mostrar distintos lugares de interese da localidade e interpretar o patrimonio cultural
presentación_rutas_guiadas_xove
presentación_rutas_guiadas_xove
9 Xul 2024

O Concello de Xove, a través da concellería de Turismo, organiza un programa de rutas guiadas ao longo da tempada de verán. As actividades teñen como obxectivo mostrar distintos lugares de interese da localidade e interpretar o patrimonio cultural, a natureza e a paisaxe de Xove.

Nesta edición de 2024, o venres 19 o percorrido será pola praia de Esteiro, o 27 é a quenda de coñecer San Tirso de Portocelo, mentres que o 2 de agosto a ruta será Os Acantilados de Papel de Morás e o 29 de agosto é a quenda de O Encanto dos Muíñosde Rigueira.

O comezo das rutas será ás 10.00 horas e terán unha duración de 3h horas aproximadamente. As actividades serán gratuítas e é necesaria reserva previa. Para consultar información adicional e reservas poden contactar co correo electrónico rutasgalicanorte@gmail.com e por WhatsApp ou chamada ao 634 631 461. Ademais nas oficinas de Turismo de Xove e outros establecementos do municipio e de A Mariña encontrarán o cartel das rutas con un código QR para descargar o documento cos datos específicos da ruta.

0.16841912269592