Xove combina o deporte, a diversión e a convivencia no seu Día da Bicicleta

AMariñaXa
As inscricións realizaranse antes da saída e no caso dos menores de idade deberán contar cunha autorización paterna
dia-da-bicicleta-xove
6 sep 2024

O próximo 22 de setembro de 2024, a partir das 11 da mañá, Xove acollerá unha nova edición do Día da Bicicleta, un evento dirixido a toda a comunidade. Os organizadores convidan a todas as persoas interesadas a participar nesta xornada que promete diversión e deporte ao aire libre. As inscricións realizaranse antes da saída e no caso dos menores de idade deberán contar cunha autorización paterna para participar.

A xornada incluirá dúas rutas: unha circular duns 10 quilómetros para os adultos e outra máis curta para os máis pequenos. Ademais, instalarase unha estrutura de pump track na praza do concello, onde os nenos poderán practicar as súas habilidades. Ao finalizar as rutas, os participantes poderán disfrutar dun avituallamento e participarán nun sorteo. Desde a organización, na que se inclúen o club ciclista Komando Xoviético, ADC Xove e o Concello, animan a todos a sumarse a este evento que combina exercicio, diversión e convivencia comunitaria.

dia da bicicleta xove 2024
0.19975996017456