Xove celebrará este sábado a festa infantil de Samaín que fora aprazada

AMariñaXa
A actividade celebrarase ás 17.00 horas no salón de actos e incluirá xogos, música e propostas de diversión para os máis pequenos
samain cabazas vela
5 Nov 2026

A Festa Infantil de Samaín de Xove celebrarase finalmente este sábado, 7 de novembro, despois de ter que ser aprazada a súa data inicial, o pasado día 31 de outubro. A convocatoria, organizada pola Concellería de Cultura, desenvolverase a partir das 17.00 horas no salón de actos do Centro Cívico.

A suspensión da primeira convocatoria estivo motivada polo loito e como mostra de respecto e lembranza ás vítimas do accidente ferroviario acontecido en Toledo.

Unha vez retomada a programación, o Concello convida os nenos e nenas do municipio a participar nunha tarde pensada especialmente para o público infantil, na que haberá xogos, música, diversión e ambiente propio desta celebración.

Desde a Concellería de Cultura animan os participantes a acudir disfrazados e con ganas de compartir unha xornada festiva. A proposta incluirá tamén sorpresas e actividades para que os máis pequenos poidan gozar do Samaín nun ambiente lúdico e participativo.

papiroflexia samain xove xuventude
0.16504096984863