Xove celebra o Día da Bicicleta cunha ruta para todas as idades

O Concello de Xove organiza o Día da Bicicleta, unha xornada pensada para gozar do deporte ao aire libre e da convivencia en familia. A actividade terá lugar o domingo 14 de setembro, cunha saída desde a Praza do Concello a partir das 11:00 horas.
O programa inclúe unha pequena ruta circular para os máis pequenos, mentres que os maiores poderán participar nun percorrido de entre 10 e 15 quilómetros polo municipio, dirixido a nenos e nenas a partir dos 7 anos, sempre con autorización paterna.
As inscricións realizaranse no propio punto de saída, minutos antes do comezo, e ao rematar a ruta os participantes poderán desfrutar dun avituallamento que porá o broche final á xornada.
A organización corre a cargo do Concello de Xove, en colaboración co tecido asociativo local, co obxectivo de fomentar hábitos saudables e promover o uso da bicicleta como actividade de lecer accesible para todas as idades.