Xove celebra este domingo o Día da Bicicleta con actividades para todas as idades

AMariñaXa
O evento incluirá rutas adaptadas, avituallamento, sorteos e unha estrutura de pump track para os máis pequenos
día da bici en xove
21 sep 2024

O Concello de Xove organizará o vindeiro domingo, 22 de setembro, unha nova edición do Día da Bicicleta, unha xornada dedicada ao deporte e á convivencia familiar sobre dúas rodas.

O evento comezará ás 11.00 da mañá e está aberto a todos aqueles que desexen pasar unha mañá agradable disfrutando da bicicleta.

As inscricións realizaranse antes da saída e será obrigatorio o uso de casco. No caso dos menores de idade, será necesaria unha autorización paterna para participar.

O percorrido estará adaptado ás diferentes idades e niveis, cunha ruta circular de aproximadamente 15 km para os adultos, e unha versión máis curta e accesible para os máis pequenos.

Ademais, para os participantes máis novos, haberá unha estrutura de pump track instalada na Praza do Concello, onde poderán divertirse e practicar habilidades sobre a bicicleta. Ao finalizar as rutas, haberá un avituallamento para todos os participantes e un sorteo con varios agasallos.

 

0.073880910873413