Xove acollerá o Torneo do Parque 3x3 de futbol sala os días 22 e 23 de xullo

Quedou presentado oficialmente o Torneo do Parque 3x3 Xove, unha cita deportiva que se celebrará os días 22 e 23 de xullo no parque da vila. No acto estiveron presentes o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e representantes do Xove Fútbol Sala: Antonio, Jesús e Naya.
O torneo está dirixido á mocidade das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, concretamente para nados e nadas entre os anos 2013 e 2018. As categorías distribúense do seguinte xeito:
- Prebenxamín: 2017-2018
- Benxamín: 2015-2016
- Alevín: 2013-2014
As inscricións están abertas ata o 18 de xullo, con prazas limitadas. A organización anima a realizar a inscrición canto antes, que pode formalizarse escaneando o código QR dispoñible nos carteis do evento ou directamente na OMIX de Xove.
O evento está organizado polo Concello de Xove en colaboración co Xove FS, e pretende ofrecer unha alternativa deportiva e lúdica para a infancia e mocidade durante as vacacións de verán, fomentando a práctica do fútbol sala nun ambiente de convivencia e diversión.