Xove acollerá a XVI Foliada da Mariña o vindeiro sábado 14 de setembro
Esta mañá presentouse o cartaz da XVI Foliada da Mariña, organizada pola Asociación Cultural Saíñas de Xove, que se celebrará o próximo sábado 14 de setembro na praza do concello. O evento, que comezará ás 20.00 horas, reunirá a veciños e visitantes nun ambiente festivo e cheo de música tradicional.
Na presentación do cartaz participaron varios membros da directiva de Saíñas, incluíndo a Jairo Míguez, Uxío Dayán e Noa López. Xunto a eles, estiveron presentes o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira Dolores Meitín, quen animaron á cidadanía a asistir e gozar desta xornada de folclore e convivencia.
O Concello de Xove aproveita para invitar tanto aos veciños como aos visitantes da comarca a sumarse a esta foliada, asegurando que será unha noite para desfrutar en boa compañía e cunha programación musical que destaca a riqueza da tradición galega.