Xove acolle o Torneo de Verán de Bolos 2025 aberto a todas as idades

O Concello de Xove organiza unha nova edición do tradicional Torneo de Verán de Bolos, que terá lugar o próximo 14 de agosto no Centro Social de Vilachá. A competición comezará ás 18:00 horas e estará aberta a participantes de todas as idades, tanto federados como non federados.
Esta actividade deportiva, que forma parte da programación estival promovida pola concellería de deportes e o Club de Bolos Xove, busca fomentar a práctica deste xogo tradicional entre a veciñanza e visitantes, promovendo un ambiente de convivencia e espírito competitivo.
Desde a organización animan a todos os interesados a participar e disfrutar dunha xornada que, ademais do deporte, serve como punto de encontro e dinamización social no municipio. O torneo conta tamén coa colaboración da asociación de festas A Medorra.