Xove acolle o Campionato de España feminino do birlo Celta
Esta fin de semana, 4 e 5 de setembro, xogárase na boleira de Sumoas en Xove o Campionato de España feminino do birlo Celta.
A este campionato acudirán as 30 mellores xogadoras de España do Birlo Celta e disputásense as categorías de Individual e Parellas.
O club de birlos Xove participará con varias xogadoras entre elas a actual Campioa de España, Julia Lopez, que tentará conquistar o seu terceiro campionato de España consecutivo.
Julia é unha xogadora novísima (17 anos), e esperamos que o defender o título en casa #ante as potentes xogadoras asturianas e pontevedresas (lugares onde máis fichas hai no deporte do birlo celta), non lle faga efecto e consiga o título nacional na súa casa e ante o seu público.
Non podes descartar para o título a algunha outra das xogadoras do Club de Birlos Xove, xa que levan varias semanas adestrando durísimo e poderían dar unha agradable sorpresa.
O sábado a partir das 9.00 da mañá disputarase un clasificatorio que decidirá que 12 xogadoras enfróntanse nas eliminatorias da tarde, a partir das 16.00 horas.
O domingo tamén a partir das 9.00 xogásese a modalidade de parellas.