Xove acolle en Semana Santa unha actividade de orientación
Estas vacacións de Semana Santa-2021, a ACD Xove celebrará unha actividade de Iniciación á Orientación, que estaba programada para Nadal pero que tivo que ser suspendida.
A inscrición está aberta ata mañá, 25 de marzo, ás 22.00 horas. As datas de celebración serán os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril, no monte San Roque de Viveiro.
Estas xornadas van destinadas a nenos de Primaria (de 1º a 6º), e tamén para rapaces e mozos de ESO e BAC.
O desenrolo da actividade, e a programación, poderase consultar na web da ACD. Xove do mesmo xeito que pode facerse a inscrición on line.
Unha vez pechada a inscrición organizaranse os grupos, as quendas, e os horarios de cada unha das xornadas.
Os interesados en máis información poden solicitala no teléfono 618 976 159.