Xove acolle dúas xornadas de bolos para todas as idades

AMariñaXa
O Club de Bolos de Xove e a Asociación A Medorra organizan para o xoves 7 e o venres 8 de xullo unha xornada de bolos para todos.
xornada de bolos libre 2022 1
5 Xul 2022

O Club de Bolos de Xove e a Asociación A Medorra organizan para o xoves 7 e o venres 8 de xullo unha xornada de bolos para todos.

A cita do xoves será para no federados e a do venres para os que si o sexan. Ambas xornadas serán a partir das 20.00 horas no centro social de Vilachá.

Para participar será necesario inscribirse no mesmo lugar media hora antes de comezar a xogar.

O obxectivo destas xornadas, ademais da promoción deste deporte en sí,  é o de incorporar novos xogadores á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tiveron un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 21 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

0.11775088310242